Álvaro Cunqueiro foi un novelista, poeta e xornalista nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, considerado un dos grandes autores da literatura galega.
Foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1991.
As crónicas do sochantre (1956) relátanos en terceira persoa as peripecias dun músico de capela que vai nunha carroza tocando o bombardino aos funerais dun nobre. No interior da carroza, o músico atópase cun grupo de personaxes de ultratumba que refiren as súas vidas pasadas, mentres que a carroza atravesa os camiños da Bretaña francesa, coma unha cabalgada da santa compaña.
Os cambios de narrador e as rupturas da temporalidade son algunhas das técnicas que utiliza Cunqueiro nesta fantástica obra que, traducida ao castelán, gañou o Premio da Crítica española en 1958
No hay comentarios:
Publicar un comentario