23 de febrero de 2010

Cantares galegos

A publicación de Cantares galegos, en 1863, supón o inicio do Rexurdimento pleno. A data do 17 de maio dese ano, Rosalía será a elixida para conmemorar o "Día das Letras Galegas", polo gran valor da súa obra.

Rosalía compón o libro en forma de ditos populares mediante unha poesía sinxela e popular. Con esta obra, Rosalía consegue expresar de forma auténtica e coherente a voz do país, creando unha especie de epopea popular.


- Estrutura:

O libro presenta unha estrutura enmarcante, xa que comeza cunha composición na que toma a voz unha moza a quen invitan a cantar e remata coa mesma voz da "meniña" que se escusa pola súa falta de habilidade para cantar as belezas da nosa terra.


- Temas:

En Cantares Galegos atopamos catro núcleos temáticos fundamentais:

· Temática costumista: nun número elevado de composicións predomina a descrición e
a narración para presentar crenzas, romarías, personaxes...

· Temática amorosa: o amor funciona como eixe semántico dunha serie de poemas.

· Temática intimista: nos poemas pertencentes a este grupo temático Rosalía fala
mediante un eu lírico.

· Temática: socio-patriótica: neste apartado inclúense unha serie de composicións
nas cales a emigración, e a explotación dos galegos en terra allea son os
motivos aos que se recorre para criticar a sitaución dun pobo galego asoballado
e reivindicar uns valores universais de xustiza social.

No hay comentarios: