24 de abril de 2010

Hai que estar moi atento ó que está ó teu carón, porque de súpeto, pódeche pasar algo que che alegre o día...

E despois de dicirme iso, bicoume apaixoadamente.

-----------------------------------------------------------------------------------


- Como te chamas?
- Como ti queiras...


-----------------------------------------------------------------------------------

— É como se ves a alguén por primeira vez, alguén con quén te cruzas pola rúa. Mirádesvos por uns segundos e nace unha especie de "atracción". Sentides que os dous compartides algo e nun intre o outro esfúmase e xa é moi tarde. Sempre recordas que estaba aí e o deixaches escapar, pensas ¿E se me parara? ¿E por que non lle dixen algo? ¿E se...? ¿E se...? pode que pase poucas veces na vida.
— Ou so unha.

No hay comentarios: